- A proba organizada pola Concellaría de Deporte e a Agrupación Deportiva Media Ducia disputarase o domingo 2 de febreiro
O Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia organizan o Carballo Trail Race 2020, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e con dous trazados en competición de aproximadamente 11 e 30 quilómetros. A carreira, que se disputará o 2 de febreiro e en cuxa organización colabora a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, estará supervisada polo Comité de Xuíces da FGA.
O trail longo (30 km. e 900 metros de desnivel) sairá da praia de Razo e rematará na rúa Vila de Corcubión. O trail curto e xuvenil (11 km. e 500 metros de desnivel) tamén terá saída na praia de Razo e seguirá o mesmo percorrido que o trail longo ata chegar á meta de Cances.
A organización disporá avituallamento sólido e líquido en diferentes puntos do percorrido.