Escolas Balonmán Xiria está xa a ultimar os detalles da que será a 32ª edición das «Escolas de Verán Xiria». O campamento urbano ten lugar nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo e acolle cada verán a máis de 200 participantes. O horario xeral de 10:00 a 14:00 e a dispoñibilidade de servizo de madrugadores, intenta colaborar coa conciliación familiar durante os meses de vacacións escolares. As inscricións está abertas para nenas e nenos nadas de 2013 a 2021 (ambos incluídos). O campamento ten un marcado carácter deportivo, onde tamén se complementan as xornadas con outras actividades coma: obradoiros, festas temáticas, xogos de animación… As inscricións están abertas ata este sábado 21 de xuño a través da páxina web: www.balonmanxiria.com/escolasdeveran/