Últimos días para matricularse na Escola Infantil Municipal ‘Os Vimianziños’

2 minutes read

Este venres 31 de marzo remata o prazo de matrícula para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal  “Os Vimianziños”.

Hai dúas formas de realizar este proceso: vía telemática e presencial. A través da sede electrónica da Administración local será preciso achegar o modelo de solicitude de praza exposto na páxina web municipal, ademais do resto da documentación. No caso de elixir a modalidade  presencial, deberase descargar o impreso de matrícula e entregalo no rexistro xeral do Concello de Vimianzo, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Ademais do formulario, tamén será obrigatorio aportar a copia do documento de identidade das persoas proxenitoras, titores/as ou representantes legais da nena ou neno; unha copia do libro de familia completo; certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo Concello de Vimianzo; informe de vida laboral actualizado; no caso de ser persoas traballadoras por conta allea, contratos de traballo ou documentación acreditativa de tempo traballado e copia das tres últimas nóminas; de traballar por conta propia, deberase achegar un certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria que acredite a alta no Imposto sobre Actividades Económicas e copia dos últimos tres recibos do pagamento da cota á Seguridade Social; certificación de demanda de emprego das persoas proxenitoras no caso de estar en situación de desemprego; copias certificadas pola Administración Tributaria das declaracións do IRPF; documentos xustificativos da variación de ingresos; certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou nena para a que se solicita a praza, se é o caso; informe dos servizos especializados na materia sobre a necesidade de integración na escola infantil, no caso de menores con necesidades de apoio educativo; certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia das persoas proxenitoras, titores/as ou representantes legais ou doutros membros da unidade familiar, se é o caso; copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos; certificado de convivencia e, se é o caso, sentenza de separación ou divorcio; informe do equipo técnico da área de Benestar Social, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar da unidade familiar; documentación acreditativa de situacións tales como: familia monoparental, familia numerosa, vítima de violencia de xénero, abandono do fogar ou de calquera outra circunstancia socio-familiar alegada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?