- Sucedeu arredor das oito da mañá deste martes no lugar do Quinto Pino
Dúas persoas resultaron feridas a primeira hora da mañá deste martes tras producirse unha colisión no lugar de O Quinto Pino, no concello de Arteixo. O accidente, no que se viron implicados catro turismos, tivo lugar pasadas as oito da mañá no punto quilométrico 4 da AC-552. Foi o condutor dun dos coches mencionados quen chamou ao 112 Galicia alertando que unha das vítimas precisaba atención médica.
Ata o lugar dos feitos acudiron os servizos sanitarios do 061, os Bombeiros de Arteixo, Protección Civil da localidade e axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, xa que ademais houbo retencións.
Tamén foi necesaria a intervención do persoal de mantemento da vía para realizar as tarefas de limpeza na estrada e restaurar a súa seguridade.