Un accidente con tres coches implicados deixou tres persoas feridas na Laracha

Rexistrouse pasadas as 13:15 horas deste sábado no quilómetro 1 da DP-1913, en Soandres, e implicou a tres coches. Un deles caeu por un desnivel e acabou nun regueiro situado preto da vía.

Malia o aparatoso do accidente, todas as persoas abandonaron os vehículos polos seus propios medios. Tres delas estaban feridas e foron atendidas polo persoal sanitario.

Neste operativo interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil da Laracha e os servizos de mantemento da estrada.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar