38
- Sucedeu na tarde deste venres na parroquia de Xallas de Castriz
Unha persoa resultou ferida na tarde deste venres no concello coruñés de Santa Comba a causa dun accidente con tres turismos implicados. Ocorreu ao fío das 19:30 horas cando os vehículos circulaban pola DP-2904, á altura do punto quilométrico 14, ao seu paso pola parroquia de Xallas de Castriz.
A esa hora, o ocupante dun dos turismos sinistrados chamou ao 112 Galicia para informar da colisión e solicitar axuda. Así, desde Emerxencias alertaron da situación aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico, efectivos de Protección Civil da localidade e tamén ao servizo de mantemento das estradas.
Finalmente, os sanitarios tiveron que evacuar á vítima ata o Hospital Rosaleda.