- O accidente causou problemas na circulación, pois o tractor e a cisterna ocupaban practicamente toda a calzada
Unha persoa resultou ferida despois de envorcar a cisterna enganchada ao tractor que conducía pola estrada vella Santiago-Noia, ao paso por Rois.
Á causa do accidente, a circulación quedou bloqueada, pois o tractor e a cisterna ocupaban practicamente toda a calzada.
Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia do suceso, que aconteceu sobre o mediodía.
Ata o lugar do accidente achegáronse sanitarios do 061, os Bombeiros de Boiro e os membros do GES de Padrón, aínda que descartaron intervir en canto comprobaron que o condutor do tractor estaba liberado e accesible.
Con todo, a persoa necesitou asistencia médica e, de feito, foi atendida por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no mesmo lugar do accidente sen que fose necesario o seu traslado.