Un accidente de tráfico deixa sen internet e teléfono a unha parte de Santa Comba


Na madrugada deste domingo, un accidente de tráfico provocaba varios destrozos nunha das centralitas de R en Santa Comba, concretamente na situada na confluencia da rúa Pontevedra e a rúa Lugo, onde conflúen e se distribuen varios cables de fibra óptica para dar servizo de internet e telefonía á zona. Efectivos de Protección Civil de Santa Comba validaron e sinalizaron a zona para previr máis incidentes, e, pese aos reiterados intentos, non foron capaces de poñerse en contacto coa compañía para que tratara de reestablecer o servizo coa maior celeridade posible.