Un accidente de tráfico deixou un morto e un ferido en Guntín

Ambulancia Sergas Galicia

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida de consideración despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban, en Guntín. Sucedeu na N-540, no punto quilométrico 14, ao seu paso pola parroquia de Santa Eulalia de Pradeda. Así o indicaba unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia para informar do accidente. De feito, ao mesmo tempo, os xestores de emerxencias recibían un comunicado a través da central de avisos do vehículo que confirmaba o impacto, a presencia de dous ocupantes no interior do coche e aseguraba que un dos feridos pedía auxilio.

Nada máis ter constancia do suceso, desde o 112 pediuse a intervención dun equipo sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Chantada e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, deuse aviso aos membros do GES de Monterroso por se fose precisa a súa intervención.

Finalmente, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que non foi preciso excarcerar a ningún dos ocupantes do turismo e, pola súa banda, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento dunha persoa e o traslado doutra ao Hospital Lucus Agusti.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha