35
O aparello, un Hercules C-130, realizaba a manobra de aterraxe nun aeródromo da illa de Jolo cando pasou a pista e non puido volver coller altura, indicou o comandante xeral das Forzas Aéreas das Filipinas, Cirilito Sobejana, nun comunicado. Polo menos 45 persoas faleceron no accidente. Arredor de 40 pasaxeiros foron rescatados con vida, segundo informan as autoridades. O ministro de Defensa, Delfin Lorenzana, sinalou nun comunicado aos medios que no avión viaxaban 92 persoas. Dos falecidos 43 eran militares que ían no avión, mentres outras tres vítimas mortais eran civís aplastados pola fuselaxe.