39
Un convoi articulado que transportaba unha viga de formigón de 22 metros a modo de transporte especial foi o causante dun espectacular accidente que por sorte só se saldou con danos materiais, pero que obrigou a pechar a estrada AC-400 durante varios minutos. A parte traseira de apoio da viga nunha plataforma de 20 rodas terminou fóra da estrada tras saírse da vía á saída dunha curva. Foi necesaria a intervención dun picador en pluma, un equipo de oxicorte para cortar o ferro así como unha grua de grandes dimensións para retirar os resto da viga.