Un accidente en Padrón deixa cinco persoas feridas


Cinco persoas quedaron feridas este xoves á tarde nunha colisión frontal de dous vehículos no enlace da autovía do Barbanza coa autoestrada AP-9, en Padrón. Un dos feridos quedou atrapado no interior do coche e tivo que ser liberado polos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Padrón. Todos foron trasladados ao hospital e descoñécense, polo momento, as causas do accidente.