Un accidente en Suxo, Muxía, deixa unha persoa ferida

1 minutes read
Accidente en Suxo_Protección Civil de Muxía
  • Sucedeu arredor das oito da tarde deste mércores

Unha muller resultou ferida leve despois de ter un accidente co seu turismo na estrada AC-440, ao seu paso pola aldea de Suxo, en Muxía. Segundo informaron desde Protección Civil da localidade «descoñécense as causas do incidente», que se produciu arredor das oito da tarde deste mércores.

A vítima precisou asistencia sanitaria, e posteriormente foi trasladada por efectivos do 061 ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee para unha completa valoración.

Ata o lugar do accidente achegáronse tamén membros da Policía Local de Muxía, a Garda Civil de Tráfico e tamén persoal da ADC Bombeiros Costa da Morte.