Tres feridos, dous deles evacuados, tras un accidente en Val do Dubra

AVPC_Val do Dubra.

O 112 Galicia tivo coñecemento, este mércores, dunha colisión múltiple entre tres vehículos, no concello de Val do Dubra. Foi un dos implicados no sinistro quen informaba ao CIAE-112 Galicia desta colisión na estrada DP-1914, na parroquia de Arabexo.

Deseguido, os xestores do 112 Galicia comunicaron o accidente aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santiago, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Val do Dubra.

Xa no punto, os equipos de emerxencia aseguraban que resultaran feridos os condutores dos tres vehículos implicados e que dous deles tiveran que ser trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.