Os feridos, que presentaban lesións leves, foron evacuados polos servizos sanitarios tras producirse o accidente no que se viron implicados catro vehículos.
Un particular informou ao 112 Galicia dunha colisión por alcance entre catro coches no quilómetro 152 da AP-9, ao seu paso por Teis e en sentido Tui. Naquel momento, as persoas implicadas estaban a saír dos vehículos sen maiores complicacións.
Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Redondela e Vigo, dos servizos de mantemento das estradas e dos Bombeiros e os voluntarios de Protección Civil de Vigo, que non se chegaron a desprazar ao punto.
Finalizada a súa intervención, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 que catro persoas foron evacuadas en ambulancia a un centro hospitalario.