Un accidente entre dous turismos bloqueou este luns a Avda. Abetos de Carballo, unha rúa que une a comarcal AC-552 desde Bértoa cara á estrada provincial DP-1902, que vai a Razo. O accidente produciuse á última hora da tarde, os coches implicados obstaculizaban os dous carrís de circulación, polo que esta vía de comunicación estivo cortada durante máis dunha hora, ata que os turismos foron retirados con guindastre. Axentes da Policía Local desprazáronse ao momento, tanto para realizar o correspondente atestado, como para o necesario desvío do tráfico. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais de consideración, pero si importantes danos materiais. Os Bombeiros de Carballo tamén foron mobilizados para a posterior limpeza da vía dos restos do accidente.
34