35
En Serbia, un tiroteo nunha escola do centro de Belgrado deixa polo menos nove mortos e varios feridos. Un mozo de 14 anos, alumno de sétimo curso disparou na mañá deste mércores contra os seus compañeiros e o persoal docente e de seguridade supostamente cunha pistola do seu pai. O alumno, presunto autor do crime, foi detido no patio da escola «Vladislav Ribnikar». Dos nove mortos, oito son menores de idade. O noveno é o vixiante do colexio. Seis alumnos e unha docente foron evacuados para ser atendidos en dous hospitais de Belgrado.