Un agasallo un sorriso | Campaña solidaria de Socialistas Santa Comba


Dende a Agrupación Socialista de Santa Comba, que dirixe Alberto Romar, animan a colaborar na Campaña de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros para poñer o seu gran de area e que as nenas, nenos e familias que máis o precisen teñan un Nadal máis feliz.

Do 9 ao 21 de decembro aquelas persoas que así o desexen poderán achegar á sede de Socialistas Santa Comba, situada na Avenida Alfonso Molina 75, alimentos non perecedoiros e xoguetes novos ou en bo estado que serán doados a Cáritas e aos Servizos Sociais do Concello de Santa Comba.

As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto con Socialistas Santa Comba a través dos teléfonos 618 856 411 (Alberto), ou no 981 880 056, en caso de que sexa necesario desprazaranse para recollelos na maior brevidade posible.

Agradecen de antemán a colaboración da veciñanza para que o Nadal sexa máis especial para todos e todas.