Un alumno de Cee, premio extraordinario de ESO ao rendemento

20 estudantes de centros educativos galegos foron recoñecidos cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/2020, entre eles atópase Mateo Pérez Soto, alumno do IES Agra de Raíces de Cee. O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución destes galardóns, que teñen como obxectivo valorar e dar visibilidade pública ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou esta etapa educativa cun excelente aproveitamento.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dota cada un destes premios cun galardón de 750 € e un diploma acreditativo. O recoñecemento figurará, ademais, no expediente académico de cada persoa galardoada.

Puideron acceder a esta convocatoria as alumnas e alumnos que cursasen o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha