O alumno de 4º da ESO, Miguel Ramos Pastoriza, obtivo o premio extraordinario de ESO ao rendemento académico, ao quedar entre os 20 mellores de Galicia.
Dende a dirección do IES quixeron transmitirlle publicamente a Miguel, os seus parabéns polo esforzo que fixo durante estes anos de ESO e de seguro, din, que serguirá facendo na etapa de Bacharelato que está a piques de comezar.
Dende o centro afirmaron que este premio supón tamén un gran orgullo para a Comunidade Educativa e un recoñecemento para a calidade educativa do ensino rural.
Un alumno do IES de Baio premio extraordinario de ESO ao rendemento académico
Foto_Cedida_IES de Baio.