Un apagamento histórico e un ferido leve tras o choque de tres turismos en Carballo

1 minutes read
  • O apagamento deixou sen luz a case a totalidade do Concello.
  • No accidente unha persoa tivo que ser atendida por unha forte dor cervical.

Ás 10:35 horas da mañá deste venres caía a subministración eléctrica en Carballo e tamén nalgunhas das parroquias próximas. Os veciños mostráronse sorprendidos por ocorrer no verán, sen temporal nin causa aparente. Sinais de tráfico, comercios, bancos, hostalería, etc… permaneceron uns dez minutos sumidos no caos. Poderíase cualificar de histórico, dado que hai moitos anos que non se lembra un apagamento tan extenso en territorio afectado e de tanta duración.

Accidente leve

O accidente tivo lugar sobre as seis da tarde na confluencia das rúas Río Sar, Celso Emilio Ferreiro e Avenida de Fisterra. Tres vehículos chocaron entre si. O 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma e ao lugar acudiu a Policia Local e unha ambulancia asistencial en auxilio de posibles feridos. Foi preciso atender a un dos ocupantes dun dos vehículos, afectado dunha forte dor cervical.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?