Un arroaz reciclado, novo símbolo da campaña “Eu quero Razo-Baldaio”

1 minutes read

A escultura, que se colocará nos vindeiros días na zona de Baldaio, foi elaborada nun obradoiro dirixido polos artesáns Fabián Lage e Inés Rodríguez. Do mesmo xeito que a píllara de vimbio forma parte da paisaxe da praia de Razo, o arroaz de plástico construído estes días no Fórum Carballo instalarase na zona de Baldaio para converterse nun novo símbolo da campaña medioambiental “Eu quero Razo-Baldaio”. Grazas a todas as mans voluntarias que se achegaron ata o Fórum, conseguiuse confeccionar o “traxe” de plástico reciclado que protexerá simbolicamente ao arroaz das agresións medioambientais. A artesá Inés Rodríguez, especializada en novos materiais guiou o taller do que sairá un resultado espectacular.