Un ataque con coitelo deixa tres feridos graves en Alemaña

1 minutes read

Tres persoas resultaron gravemente feridas nun ataque con coitelo nun tren de Alemaña. Segundo a Cruz Vermella de Baviera as vítimas da agresión con arma branca foron trasladadas a unha clínica próxima. No tren viaxaban máis de 200 persoas que tiveron que abandonar o convoi cando parou na estación de Seubersdorf. O ferrocarril, un ICE de alta velocidade, circulaba entre as cidades bávaras de Núremberg e Ratisbona, ao leste de Alemaña.

A policía detivo a un home relacionado co ataque. O ministro de Interior sinalou que aínda se está investigando o ocorrido e apuntou que os habitantes das zonas próximas non corren perigo. Segundo o portavoz da rede ferroviaria alemá suspendéronse todas as viaxes que circulaban por estas vías, salvo os de longa distancia, que se desviaron.