Un atentado suicida en Afganistán deixa polo menos 55 mortos e máis dun centenar de feridos nunha mesquita xiíta en Kunduz, ao nordés do país. O ataque kamikaze prodúcese cinco días despois doutro ataque en Cabul contra unha mesquita reivindicado pola rama local do Dáesh, a chamada do Gran Jorasán. Os xiítas, representados neste país polos hazaras, son unha minoría perseguida tanto polos talibáns como polo Estado Islámico. Para os talibáns que controlan a maior parte d o país, a principal ameaza procede do grupo Estado Islámico do Gran Jorasán que dispón de entre 500 e varios miles de combatentes no territorio afgán. O atentado, é o ataque terrorista máis mortífero en Afganistán desde a saída dos últimos soldados estadounidenses e estranxeiros o pasado 30 de agosto.