Un atropelo en Coristanco deixa un falecido e dous feridos

Momento do atropelo na AC-552, en Coristanco.

Unha persoa faleceu tras ser alcanzada por un vehículo que se conduce sen carné en Coristanco. No accidente tamén sufriron lesións o condutor do coche e a súa acompañante. Os feitos producíronse ás 13:30 horas deste domingo. Segundo testemuñas presenciais un peón, veciño do Concello de Cambre de 88 anos, saíu á estrada para cruzar por un lugar habilitado tras mercar nunha panadería do lugar, cando foi atropelado. Para atender aos feridos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a presenza dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e pediron a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ao remate da súa intervención, confirmaron que, no accidente, resultaron feridas tres persoas, o peón atropelado, que presentaba un forte golpe na cabeza e acabou falecendo; o condutor do coche, con lesións de diversa consideración tras o atropelo e posterior colisión contra un turismo estacionado; e a acompañante, cuxas feridas lle permitiron un traslado polos seus propios medios.

O coche verde sen carné, causante do atropelo, terminou desprazado uns 30 metros e empotrado contra un turismo estacionado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha