Un septuaxenario perdeu a vida na noite deste domingo 12 de outubro tras ser atropelado na Avenida Antonio Tomé Taboada, en Santa Comba. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 21:10 horas, cando varios particulares alertaron de que se producira un atropelo e que se lle estaban practicando manobras de reanimación á vítima, que podería estar falecida. Decontado, o 112 Galicia deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. A pesar dos esforzos por reanimar ao home, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ferida en Valga
Ocorreu nunha finca do lugar de Reguengo, en Setecoros. No momento do accidente a implicada estaba baixada do vehículo, pero este descontrolouse e feriuna antes de acabar caendo por un terraplén. O 112 Galicia tivo constancia do acontecido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que comunicou a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar pouco antes das 18:30 horas deste luns. A muller permanecía consciente, mais precisaba asistencia sanitaria urxente. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse á Garda Civil, aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Padrón e aos voluntarios de Protección Civil de Valga. A ferida foi atendida polos servizos sanitarios, que tamén desprazaron unha ambulancia.