Sufriron contusións e foron evacuadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Diversos particulares contactaron co 112 Galicia pasadas as 6:30 horas deste sábado e explicaron os feitos: varias persoas que estaban esperando o autobús na zona dunha discoteca de Pontecesures acababan de ser atropeladas por este vehículo, cando realizaba manobras.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo para o que se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Padrón.
Os medios chegaron rapidamente ao punto e confirmaron que catro persoas resultaran feridas. Todas elas foron evacuadas ao complexo hospitalario compostelán.