Un autobús desde Malpica ata Santiago para desfrutar do teatro

1 minutes read
  • A viaxe realizarase o 18 de febreiro para ver a obra ‘A peste’, de Cándido Pazó, no Salón Teatro

O Concello de Malpica participa no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, unha iniciativa que busca facilitar a asistencia ao teatro poñendo a disposición dos amantes deste tipo de arte un autobús. O 18 de febreiro un vehículo partirá de Malpica a Santiago de Compostela para acudir á representación de ‘A peste’, unha obra de Cándido Pazó inspirada no clásico de Albert Camus. Será no Salón Teatro.

O custo da viaxe é de 6 euros, e a expedición partirá do Bar Panchito, no centro da vila, ás 18.00 horas. Tamén fará unha parada na recta do Empalme, en Leiloio, e estará de volta ás 23:00 horas.

Os interesados poden apuntarse dende o día 17 deste mes ata o 10 de febreiro, enviando os seus datos de contacto (nome, apelidos e teléfono) xunto ao lugar onde subirán ao autobús ao correo auditoriodemalpica@gmail.com.

A actividade realizarase se hai un mínimo de 35 persoas inscritas, as cales deberán presentar o certificado Covid.