- Ninguén resoltou ferido, e o condutor foi trasladado en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo para recibir tratamento
Unha estudante do IES Monterroso alertou este martes ao 112 ao comprobar que o condutor do autobús que os estaba a levar a casa sufría unha indisposición.
A chamada da rapaza permitiu activar un dispositivo para a atención do doente que, finalmente, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo para recibir tratamento.
Sobre as 14:30 horas desta tarde, unha moza alertaba ós servizos de emerxencia da indiposición que estaba a sufrir o condutor do autobús que os trasladaba a ela e máis a compañeiros. Debido ao estado do condutor, o vehículo saíuse da vía, pero ningún dos ocupantes resultou ferido.
Nada máis ter coñecemento da situación, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaban o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, tamén se lle comunicou o suceso aos axentes de Tráfico, a Policía Nacional e aos membros do GES de Monterroso.