Un avión de American Airlines sobrevoa Bergantiños a baixa altura por unha emerxencia


nhdiario.

Ocorreu este sábado ás 14:15 horas, tal e como mostra a fotografía tomada a esa hora desde Erbecedo en Coristanco. Un ruído fóra do normal alertou aos presentes da zona, de forma rápida e en cuestión de segundos, aínda que o día estaba nubrado, por baixo das nubes a baixa altura divisouse o aparello, que se perdeu no horizonte de oeste a leste aos poucos segundos, algo nada habitual na zona nesa dirección e sobre todo a esa altura. En concreto, tratábase do voo AA741 procedente de Madrid e que se dirixía a Filadelfia. Tras notificar un posible problema eléctrico, o avión desviouse a Santiago de Compostela, atopábase xa sobrevoando o océano Atlántico cando se detectou a avaría e o piloto decidiu dar a volta e realizar unha aterraxe de emerxencia na terminal compostelá para que se puidesen emendar os posibles problemas na aeronave.

Ruta do voo AA741 Madrid-Filadelfia. Fonte: Flightradar