46
O avión da compañía Ukraine Air Alliance Antonov An-12 saíu de vigo con oito persoas a bordo, delas sete eran da tripulación e a outra sería unha persoa que acompañaba a carga, transportaba pezas de automoción Renault. O seu destino era a cidade ucraína de Lviv, pero non chegou por falta de combustible. Un quilómetro e medio antes, tivo que realizar unha aterraxe forzosa.
Segundo informou o Servizo Estatal de Emerxencias de Ucraína, de momento hai cinco mortos, 1 ferido e dous desaparecidos. Non hai vítimas de nacionalidade española no sinistro.