Un avión entre Alemaña e Cuba aterra en Santiago debido a unha incidencia técnica


Un avión que cubría a ruta entre Frankfurt e Varadero en Cuba aterra en Santiago de Compostela, parece ser, debido a unha incidencia técnica. O piloto solicitou na tarde do venres a súa aterraxe no aeroporto de Lavacolla. Segundo informa Aena, a aeronave da compañía alemá Condor tomou terra sobre as 15,50 horas e fíxoo sen afectar o tráfico aéreo nin aos voos previstos. Ademais, o xestor do tráfico aéreo, que non concreta que tipo de incidencia provocou a aterraxe, indica que o avión continúa no aereoporto de Lavacolla e farao o tempo necesario, á espera de que a compañia tome unha decisión sobre se inicia de novo a súa ruta.