Un avión estrélase no sur de China con 132 persoas a bordo

En China, un avión con 132 persoas a bordo estrelouse no sur do país, na provincia de Guangxi. O Boeing 737-800 de China Eastern realizaba o traxecto entre as cidades de Kunming, o suroeste, e Cantón, no sueste. O aparello perdeu o contacto a uns 25 quilómetros de Wuzhou e en poucos minutos caeu en picado desde uns 8.000 metros de altitude. Segundo a Aviación Civil China, o avión estrelouse con 123 pasaxeiros e 9 membros da tripulación a bordo, sen que se coñezan as circunstancias do sinistro. O presidente chinés, Xi Jinping, declarouse «conmocionado», e o Consello de Estado formou un comité para investigar as causas do accidente. É a peor catástrofe aérea civil rexistrada no país asiático desde 2010. China Eastern ordenou que todos os aparellos 737-800 permanezan en terra ata que se teñan máis datos sobre o ocorrido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha