A Garda Civil de Carballo destapou un punto de venda de droga a raíz dun aviso por malos tratos na localidade. Os feitos ocorreron cando a patrulla actuante acudiu a un domicilio tras recibir un aviso dun caso de violencia de xénero.
Tras asistir e protexer á vítima, procederon á detención do suposto agresor, atopando indicios de que este domicilio puidese ser un punto de venda de substancias estupefacientes polo miúdo.
No transcurso da actuación policial a Garda Civil atopou unha bolsa de plástico con 21 dose de cocaína, 32 gramos de marihuana e unha báscula de precisión, manifestando o detido que eran da súa parella, que se dedica á venda de drogas no domicilio conxugal.
Por estes feitos a Garda Civil procedeu ao traslado do home que xa tiña antecedentes por ambos os delitos, xunto coas substancias estupefacientes a Dependencias Oficiais para ser posto ao dispor do Xulgado de Violencia sobre a Muller e Instrución de Carballo. Procedeu á investigación de ambos por un delito contra a saúde pública.
0