Un bar de Vigo gáñalle a batalla á SGAE

1 minutes read
  • Reclamábanlle unha cantidade de diñeiro que a dona considerou abusiva pola tenza dun televisor no interior do local.

A propietaria conseguiu acreditar ante o xuíz que a súa clientela emprega a terraza do local e nin tan sequera sabe onde está o televisor. Un aparato que, segundo a sentenza xudicial, considérase neste establecemento de uso privativo do persoal.

A propietaria deste bar de Canido está moi satisfeita coa sentenza e anima os que estean nunha situacion similar a non calar ante o que considera un abuso.

Esta é unha sentenza case sen precedentes, que para a propietaria supón a fin dunha loita en defensa dos seus dereitos que sabía sería difícil gañar.