Un barco da Armada rescatou dous tripulantes dun veleiro afundido na ría da Arousa

1 minutes read

Rápido rescate o realizado este sábado pola tarde en augas da ría da Arousa. Os dous tripulantes dun veleiro que envorcou por un refacho de vento cando navegaba nesa zona foron rescatados por unha lancha pneumática dá escola naval que se atopaba pola zona vixilando unha regata. Os náufragos, que levaban chaleco salvavidas, pediron auxilio a través do sistema VHF. Salvamento Marítimo mobilizou a embarcación Salvamar Sargadelos e o helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia. Trasladaron aos dous homes ata o Clube Náutico-Mariña Cabo de Cruz, lugar do que procedía o veleiro que afundiu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?