38
Un barco «burbulla» trasladará este xoves desde Palma a Valencia os 200 mozos que estaban confinados nun hotel da capital balear polo macrobrote orixinado en viaxes de estudo, despois de que un xulgado só mantivese o illamento dos 74 que deron positivo. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou o frete deste barco especial para «garantir que teñan os mínimos contactos con outras persoas» e que, segundo as previsións, partirá á primeira hora da mañá de Palma con estes estudantes procedentes de Andalucía, Galicia (son 12 os negativos), Madrid e País Vasco.
