Un Bergantiños moi enchufado sumou tres puntos máis en Segovia

1 minutes read
Bergantiños FC

Custoulle 90 minutos ao Bergantiños marcar un gol no Estadio Municipal de La Albuera fronte á Ximnástica Segoviana, pero o importante é que despois de todo o esforzo que fixeron os xogadores, sobre todo na segunda parte, a recompensa chegou tarde, tal e como recoñecía o míster Lemos, pero chegou. Foi case no último suspiro, no minuto 90, nas botas de Lamelas tras un bo saque de esquina por parte de Yelco Alfaya. O equipo carballés sacouse así a espiña da pasada xornada ante o UD Llanera. Con este resultado, o Bergantiños suma 20 puntos e sitúase cuarto na táboa clasificatoria de maneira provisional, pensando xa na seguinte xornada, onde se enfrontará en As Eiroas ao Coruxo.