Un Bergantiños moi superior gaña o amigable contra o Noia


O Bergantiños CF e o CF Noia xogaron este sábado, a porta pechada, o primeiro amigable desta atípica tempada 20/21. O Bergantiños exercía de líder da Terceira Nacional e non defraudou. Dous goles en cada parte do partido deron lectura do encontro onde o equipo carballés foi claramente superior ao conxunto de Iván Carril, que foron de menos a máis, isto foi suficiente para presionar aos locais en momentos do xogo, pero non no marcador, ao final (4-0). Os goles do Bergantiños foron obra de Cano no minuto 8, Carlos no minuto 29, Tarí no minuto 74 e Martín García no minuto 82.