Unha mentira estendida por Whatsapp afirma que Vimianzo volve a estar en peche perimetral

1 minutes read
  • A noticia orixinal data do mes de outubro do pasado ano

As redes sociais creáronse para conectar á xente, facilitando as relacións mesmo a quilómetros de distancia. Sen embargo, nos últimos anos o seu uso tamén favoreceu a rápida transmisión de trolas. Este é o caso dunha noticia relativa ao concello de Vimianzo que este venres circulaba á velocidade da luz a través de Whatsapp. Unha nova do 30 de outubro de 2020 publicada no xornal La Voz de Galicia-Edición Carballo volveu ao presente cun cambio de data e con «mala fe para tratar de confundir nun contexto sanitario como o que estamos a vivir», sinalan desde o Concello.

No titular especifícase que ‘La Xunta decreta el cierre perimetral en Vimianzo’, algo que a día de hoxe é «rotundamente falso», inciden desde o Goberno local, recomendándolle aos usuarios que consulten «sempre fontes oficiais e fidedignas».