29
O Estudiantes de Lugo visitaba na tarde deste pasado sábado o pavillón carballés Vila de Noia, alí o recibía un Calvo Basket Xiria deseoso de xogar e triunfar, e así foi. O equipo carballés colleitou unha importante vitoria apoiando o seu mellor xogo nunha banqueta formada por Pallotti, Artigas e Diagne. O ritmo do partido foi de menos a máis e sacando o terceiro cuarto, nos outros tres o resultado parcial foi para o Xiria (15-13, 28-23, 15-17 e 24-16). Resultado final de 82-69, co cal o Calvo Basket Xiria pon bo pé neste comezo de ano 2021.