Un camión envorca sobre un vehículo estacionado en Narón, derramando parte do combustible

Polígono Río do Pozo en Narón_Fonte: https://naron.transparencialocal.gob.es

Os servizos de emerxencias contiveron ata a súa recollida un derrame de combustible procedente dun camión que envorcou sobre un vehículo aparcado en Narón.

Os feitos ocorreron preto das 15:20 horas, cando unha persoa alertou ao 112 Galicia dun camión que envorcara sobre un coche nunha rotonda de acceso á Rúa Rieiros, no Polígono Río do Pozo. Tras confirmar que o turismo estaba baleiro e o camioneiro en perfecto estado de saúde, desde o 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros de Narón co fin de comprobar o estado da carga.

Pouco despois, confirmaron que o camión transportaba cal triturada e apenas resultou afectada. Descartaron ademais calquera risco para a poboación e, iso si, contiveron en pequenas piscinas un derrame de combustible procedente do depósito do camión ata a completa retirada por parte da empresa responble do transporte.