35
Morre o condutor dun camión tras caer co seu vehículo por un desnivel na pista da canteira de Castiñeira, en Vilariño de Conso. A vítima saíu despedida do vehículo, tal e como puideron comprobar os axentes da Garda Civil cando inspeccionaron o lugar do sinistro. Un fatal suceso que o 112 Galicia rexistrou despois de recibir o aviso dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Segundo explicaron, o camión con caixa, que ía baleiro no momento de producirse o accidente, precipitouse por un desnivel co seu condutor a bordo. Malia os esforzos dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nada puideron facer por salvarlle a vida.