- A vítima tivo que ser liberada polos Bombeiros de Vilalba
A A8 rexistrou na tarde deste xoves unha colisión entre dous camións que obrigou a intervir aos Bombeiros de Vilalba para rescatar a un dos condutores, que quedara atrapado no seu vehículo. Unha vez liberado, o ferido puido ser atendido polos profesionais sanitarios, xunto co outro condutor implicado no accidente.
En total, foron dúas as persoas feridas como consecuencia dun choque entre dous camións, un frigorífico e outro grúa, no punto quilométrico 585 da A8, ao paso polo concello de Guitiriz. Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 Galicia pasadas as tres da tarde para informar do incidente.
No operativo tamén participou unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e membros do servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.