Un carballés en prisión foi identificado como autor dun roubo en Sanxenxo en 2020

Arquivo.

O presunto autor deste roubo con forza é un home de 30 anos, veciño de Carballo, con numerosos antecedentes policiais e que na actualidade atópase cumprindo prisión no centro penal de Teixeiro. O roubo produciuse tras romper cunha maza o cristal dunha gasolineira, o que permitiu ao ladrón acceder ao seu interior e apoderarse da recadación da máquina comecartos. A investigación da Garda Civil concluíu que o turismo utilizado en Sanxenxo fora subtraído nun concesionario de de Carballo, ao que lle colocaron as placas de matrícula doutro vehículo roubado tamén na capital de Bergantiños. Ademais de en Sanxenxo, ao suxeito tamén se lle recoñecen actos delituosos en Vimianzo, Carballo e Pontecesures, e que agora tramita un xulgado de Cambados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha