Á fronte da expedición estivo o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López. Ás 7:30 horas os autobuses saíron desde A Laracha. Durante a xornada deste mércores os participantes desfrutaron de experiencias singulares.
Tras unha primeira parada en Sanxenxo, visitaron O Grove -incluída a capela de San Caralampio da Toxa- e, a continuación, realizaron unha travesía en catamarán pola ría con comida mariñeira a bordo. A viaxe complétase na localidade de Cambados, que visitarán pola tarde para coñecer o seu casco histórico declarado Ben de Interese Cultural. O regreso á Laracha foi pola noite.
Este tipo de iniciativas son organizadas polo Concello como propostas lúdicas, recreativas e culturais que se marcan como obxectivo esencial optimizar o tempo de lecer dese colectivo, animarlles a coñecer e visitar lugares próximos e axudar a tecer relacións sociais entre os asistentes.