46
Unha colisión entre un turismo e unha moto no concello de Cariño, concretamente á altura da canteira de San Andrés, saldouse cun ferido.
O accidente produciuse arredor das 15:00 horas deste venres e interviron, ademais dos servizos sanitarios, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do GES de Ortigueira, quen comunicaron que o ferido fora trasladado ao centro hospitalario de referencia en ambulancia.