Un choque frontal entre dous coches deixa varios feridos no núcleo urbano de Oza

Os bombeiros do parque provincial do Betanzos foron alertados ás 18:31 horas deste domingo por un choque frontal entre dous vehículos no núcleo urbano de Oza, concretamente á altura do quilómetro 8 da AC-840. Como resultado do impacto, varias persoas resultaron feridas. Dúas das vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario da Coruña. O tráfico permaneceu cortado durante uns 50 minutos en ambos sentidos, volvendo a restablecerse unha vez retirados os vehículos por guindastres e coa vía xa limpa. Participaron no operativo Garda Civil de Tráfico, persoal do 061.

Related posts

Oito empresas presentan ofertas á Xunta para o cambio de cuberta do CPI O Cruce de Cerceda

A Deputación da Coruña recibe máis de 330 solicitudes nas convocatorias de axudas de Política Social

UCIN Santiago propón a creación do Axente Cívico para mellorar a convivencia en épocas de alta afluencia turística