Descoñécese se os implicados ían por unha zona onde conflúen peóns e ciclistas, ou se era de uso exclusivo para peóns
Un adolescente atropelou coa súa bicicleta a dúas persoas que idade avanzada no Paseo Marítimo da Coruña, á altura do Obelisco Millenium. Os feitos ocorreron preto das nove da noite deste pasado martes.
Segundo puideron calcular os axentes da Policía Local debido á distancia que había entre o punto do impacto e o punto ao que foron arroiadas as vítimas, o mozo ía a gran velocidade.
Dúas ambulancias do 061 trasladáronse ao lugar para atender aos feridos, que foron trasladados ao Hospital da Coruña con prognóstico reservado.
Por agora aínda se descoñece se os implicados ían por unha zona onde conflúen peóns e ciclistas, ou se era de uso exclusivo para peóns.