Un ciclista faleceu en Trasmiras ao caer da bicicleta que manexaba


Un home perdeu a vida na tarde deste domingo en Trasmiras ao caer da bicicleta coa que circulaba. Os feitos sucederon na Rúa Virxe da Gracia, á altura do número 20. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que malia mobilizar un helicóptero medicalizado, nada puideron facer por salvarlle a vida ao ciclista. Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil, tras ser alertados polo 112 Galicia.